E o que veño dicir no libro é que: Madrid é o maior feito diferencial de España, é a gran excepción. Madrid é unha cidade-illa sostida por un privilexio histórico, por unha vella herdanza, por un atavismo.
Madrid é un maiorazgo de case que cinco séculos, e o sentido deste maiorazgo é a concentración do poder nunhas soas máns, nas máns dun home só, que é o soberano, ou dunha Corte, ou dun Estado Maior, o dun puño de xefes de partido, ou dunha casta funcionarial.
Nos últimos corenta anos España mudou moito. E corenta anos son moitos anos, moitísimos. Pero no son tantos coma catrocentos. De modo que en España sobreviven moitas cousa vellas. Cousas vellas que veñen revoltas ou as veces envoltas en cousas novas.
España é un país tradicional, un país que conservou moitas costumes e formas sociais que, nalgún caso, remóntanse a milenios. E ben ó sabemos os galegos.
O centralismo é unha destas cousas vellas. É o que tratéi de contar neste libro e agora tratarei de resumir, é como este centralismo foise adaptando ós tempos e revestíndose de modernidade. E como este centralismo foi usado moitas veces dun modo cínico para hipercapitalizar e monopolizar o poder, é dicir, para acumular o maior poder nunhas poucas máns. Pero icnluso cando foi usado de boa fe como un instrumento de modernidade, para acelerar esa modernidade, o centralismo acabou por reproducir os vellos vicios da tiranía e do poder absoluto.
O centralismo en España foi, e segue a ser, a xerme do governo despótico e dos fracasos de España coma nación moderna.
Porque o fracaso de España é un fracaso histórico. É, primeiro, un fracaso imperial, dinástico austríaco. Pero alogo ese fracaso imperial transfórmase nun fracaso nacional, o fracaso dunha nación moderna no seu mesmo nacemento. Porque o que falla, o que non acontece ou acontece mal, é a transformación da sociedade española do Antigo Réxime nunha sociedade moderna. E o que era un fracaso imperial, ou máis ben dinástico, convértese nun fracaso político, económico e social, un fracaso que arrastramos e padecemos ata hoxe. E nestes fracasos, pero sobre todo no segundo, Madrid ten unha responsabilidade capital, unha responsabilidade que non pode ser menor ca o seu poder. Ai douscentos anos e hoxe.
Madrid é o no gordiano do fracaso de España coma nación. E a miña intención foi desanudar os fíos históricos que aínda hoxe atan a sociedade española co aquila outra do Antigo Récime. E todos estes fíos pasan por Madrid.Alí están ben amarrados. Entrelazados nunha soga que segue a afogarnos.
Madrid é unha illa en moitos sentidos. Pero un dos máis sinxelos de ver é o da illa demográfica.
O caso é que a xente segua a riqueza. Ou as veces simplemente escapa da fame. A especie humana é nomada. Desto tamén sabemos os galegos. Dende ai alomenos tres séculos, a riqueza, a nova riqeuza foi sendo criada en España de xeito periférico, case sempre ligada ás costsa e ós portos. E é unha tendencia secular, que coñecemos ben os galegos, que a xente foise do interior do país para vivir nas áreas costeiras, de xeito que, hoxe, a metade da poboación española vive a menos de 50 km do mar.
Pero ocurre, e é cousa ben curiosa, que a maior cidade e¡de España, e da península, está no mesmo centro, no punto xeográfico máis alonxado de calquera costa e de calquer porto. E por tanto a maior aglomeración urbá da penísula edificóuse no punto máis aillado da península e a contracorrente das tendecias histírcas: esta illa humana é Madrid.
Madrid, o gran Madrid, a megacidade, ten uns sete millóns de habitantes, o 15 % da poboación española.
A CCAA de Madrid, que ven a coincidir con esta megacidade, produce ó 17 % do PIB.
O 41 % do IRPF recaudado en España ingrésase na CCAA de Madrid. (2012)
O 57 % do déficit exterior de España o centraliza a CCAA de Madrid. (2010)
O 70 % das grandes empresas españolas son madrileñas. E non digo que sexan empresas españolas con sede en Madrid, digo que son madrileñas, como ben demostrou o caso de Endesa. Alí está o meollo dos sectores estratéxicos: as finanzas, as comunicacións, as constructoras e, en xeral, as sedes corporativas das multinacionáis en España, coma Citröen, que fai coches en Vigo, ou Ford, que os fai en Valencia. E por suposto, a totalidade das empresas públicas, aunque faban barcos, coma Navantia.
O 15 % da poboación produce o 17 % do PIB, paga o 41 % do IRPF, xenera o 57 % do déficit exterior e dirixe o 70 % da gran empresa española. Ístas son as cifras da capitalización de Madrid.
Madrid é unha economía insostible, desequilibrada. É unha economía predatoria, extractiva, de rapiña.
No Antigo Réxime dicíase que só Madrid era corte. E Madrid non era máis que iso: corte. Hoxe é a capital, e non é máis que iso: capital. Ser capital é o seu negocio e a súa razón de ser, igual que ai séculos era corte e nada máis que corte.
Dende a sua elección por Felipe II como sede real e da corte, Madrid crecéu a costa da ruina doutros lugares no seu entorno inmediato. Deste xeito o crecimento de Madrid foi parello o seu propio illamento.
A primeira cidade en sentir o progreso de madrid foi, por suposto, Toledo. Peto no século XVII, toda Castela sufriu unha grave decadencia económica e moitas zonas ruráis e moitas cidades perderon poboación. Madrid mantívoa gracias a transferencia de rendas para o sostiemento da corte. E a pesar de que neste século os gastos da corte multiplicáronse por catro, os beneficios non se notaron máis aló das portas da cidade.
O crecemento de Madrid non seróu sinerxias porque os empeños e os intereses da corte iban moito máis aló de Castela. Os cartos gastábanse en manter a propia estructura de poder. Igual que hoxe, os miles de millóns de euros endosados ó Tesoro Público (que é a débeda de todos nós e que deixaremos en herdanza) son gastados para salvar os bancos, as empresas e ás institucións que nos levaron a esta ruina. Piden axuda para salva-lo seu.
Madrid é una cidade adicta a débeda. Sempre o foi. De tódalas formas.
Daba antes o dato de que mís da metade do déficit comercila español (57 %) pasa por Madrid. ¿Qué significa esto? Pois que Madrid vive do déficit exterior. Gaña cartos co déficit exterior español e canto maior sexa, máis gaña.
Eu recordo ben un anuncio que veía de rapaz e que me chamaba moito a atención. Era naqueles anos da Transición, penso que na etapa da UCD, aunque non podo precisar. Pero foi moi sonado, e pode que alguén aquí se lembre tamén. O anuncio dicía:
Aunque usted pueda pagarlo, España no puede.
E o que che pedían era que aforrases enerxía. Probablemente era no ano 80, trala crise do petróleo do 79. Non sei.
A cousa provocábame moita inquietude, porque non entendía cómo os pespañois podiámos pagar máis que o país. Anos máis tarde decateime da trampa, claro. O que pasaba era que as pesetas, os cartos cos que o Estado pagaba ós españóis eran papel mollado e non valían para pagar o petróleo. Había que pagalo en dólares. pero para mercar en España non valían os dólares senón as pesetas. E o Banco de España era que fixaba o cambio, e facía a trampa. Por cada dólar de propina que un camarero ou un emigrante mandaba a España, ou das laranxas que un valenciano exportaba a Europa, dábanlle menos pesetas das que valía en realidade. Pero se tí tiñas un permiso de importación, collías as túas peseas, cambiabaas por dólares ou marcos subvencionados e mercabas petróleo ou calquera outra cousa fora. Exportar era un mal negocio e importar era un bo negocio. ¿E quén tiña os permisos de importación? Pois Campsa, os monopolios de Madrid, e os que tiñan man nos ministerios. .
En certo sentido o Estado roubábase a sí mesmo. Pero co roubo algúns gañaban millóns. Moitos.
Premiar ó que importa e penalizar ó que exporta é unha boa forma de arruinar un país.
No ano 2000 o Estado español transferiu o seu monopolio para emitir moeda a Bruselas a cambio dunha moeda forte: o euro. Pero a estructura económica de España estaba diseñada para importar e devaluar, non para exportar e manter o valor da moeda.
Os primeiros sete anos do euro foron vacas gordas pois coincidiron cunha expansión mundial do crédito. E gracias ó euro os créditos foron tomados a xuros alemáns, non ós típicos españois, e a economía medrou. Foron grandes anos para Madrid e toda esa empresa nacional-madrileña. Pero esta etapa rematou, claro, e chegaron as vacas fracas -entramos no séptimo ano- para papar as gordas. E cono o Estado xa non puido devaluar a moeda, están a devaluarnos a nós, os españóis, cos famosos recortes.
Hoxe o Estado recorta para salvar o seu núecleo central, o tinglado de negocios paraestatal madrileño formado por catro sectores estratéxicos: banca, medios de comunicación, enerxía e construcción.
Estes días temos noticas dos problemas de Sacyr en Panamá, algo que ó parecer é de interese prioritario para o Goberno español e hoxe está aló a nosa paisana de adopción Ana pastor, ministra do ramo e da pandilla de amigos de Mariano Rajoy en Pontevedra.
Só vou dar uns datos. Entre 1986 e 2006:
España invirtíu 200.000 M€ no sistema radial de infraestructuras. (Stock * 8)
O 50 % das axudas da UE nese periodo (100.000 M€) foron invertidas nesa red radial.
En 2007 a débeda financieira das 6 grandes empresas beneficiadas era de 40.000 M€.
¿Cómo foi posible? Os enormes beneficios das constructoras foron repartidos mentres as empresas usaban o fluxo de caixa (que aínda era moito maior) para invertir e especular noutros sectores. ¿Cales? Pois adiviña: comunicacións, enerxía e banca. Ou sexa, unha enorme burbulla especulativa.
En 2012 a débeda das constructoras era prácticamente a mesma, puntualmente financiada polos bancos. Esa débeda viña a ser o doble do valor desas empresas. Conclusión: estaban quebradas, pero os bancos as salvaban mentres eles mesmos eran salvados polo Estado.
Non voi falar moito máis de cartos e empresas. O ano pasado asistimos ós derradeiros fracasos dun sistema agónico: Enrovegas de Madrid e Madrid 2020. Os dous fallaron pola incapacidade do Estado español de asegurar a financiación. Ningún dos dous era negocio en sí mesmo, ningún dos dous eran proxectos rendibles, os dous requerían da subvención de miles de millóns do Estado. Pero os dous ían ser grandes negocios para algúns, e faría de madrid unha cidade aínda maior, a costa dos españois, claro, e da propia economía nacional. Madrid leva no seu o xerme do seu propio desastre.
Todo para Madrid. Non é ningunha exaseración. Nos últimos dous séculos foi todo, ata extremos abraiantes.
España debe ser o único lugar do mundo no que os enxeñeiros naváis formábanse a catrocentos kilómetros do asteleiro máis preto. Un neno podía chegar a enxeñeiro naval sen ver o mar nin un barco, nin de lonxe. O primeiro Museo Naval de España fundóuse en 1843 en Madrid. En 1923 construíuse en Madrid a primeira e única Canle de Experiencias Hidrodinámicas para a experimentación dos cascos dos barcos. Construíuse en Madrid, que é vila moi mariñeira. Non, claro. Pero en Madrid está tamen o director do Instituto Español de Oceanografía, porque claro, o director de calquera cousa en España debe estar en Madrid; pero non só o director, ai un par de anos, segundo a web, nas oficiñas do IEO en Madrid había 30 centíficos, dos que 14 adicábanse á xestión da investigación e o resto a investigar estudos oceanográficos e pesqueiros da plataforma continental, pesca de túnidos, etc.
Ai un bestseller inglés que se chama: A pesca do salmón en Iemen. Incluso fixeron unha película. Conta a historia dun home ó que se lle encarga un prxecto ridículo: criar salmós nun país desértico. O proxecto, claro, só é unha excusa para desenvolver unha política entre estados. É unha boa historia. Exótica e estrafalaria. Pero non moito máis que investigar túnidos no Corazón de María nº 8 de Madrid ou facer unha canle de experimentación hidrodinámica a 500 km dos asteleiros máis próximos.
Madrid é unha cidade completamente artificial. Claro, todas as cidades o son, lóxicamente, pero refírome a que é unha cidade xurxida da arbitrariedade, que debe a súa grandeza a decisións políticas tan incongruentes e forzadas coma a de criar salmóns no Iemen, coma centralizar toda a investigación do país e a ensinaza universitaria, coma levantar Eurovegas, ou como convertila no centro estratéxico da península.
A todos nos soa, das guerras napoleónicas, os sitios de Zaragoza. A todos nos soa a importancia estratéxica do paso de Despeñaperros, que deu motivo da batalla de Bailén, e outras moitas batallas. O que non lle soa a ninuén antes da Guerra Civil é a batalla de Madrid. De feito, parece que tralo levantamento do dous de maio e os fusilamentos do día seguinte, ben glorificados por historiografía oficial, Madrid desaparecera do mapa. Os Borbóns marchan de Madrid e a capital non volve contar na guerra. Madrid non era un obxectivo estratéxico. O eran os reis, pero a cidade en sí non tiña importancia.
E ocurre que a metade do século XIX, xunsto cando comezan a construirse os primeiros ferrocarrís en España, gobernan militares. É aquel tempo dos xeneráis, dos espadóns, das asonadas, dos pronunciamentos, das guerras carliastas, de Espartero, Narváez, Serrano, O'Donell, etc. Foron estes militares os que decidiron que Madrid debía ser, tiña que ser, unha cidade estratéxica por sí mesma. E decidiron que ía selo. O razoamento, fixádevos ben, non foi que Madrid fosa un lugar estratéxico e que había que levar o tren para defendelo, non. A premisa foi que Madrid ía ser un centro estratéxico. ¿Por qué? Por porque era a capital, porque Madrid era o centro do país, porque era fundamental para eles, militares, cuio poder baseábase no control do exército, que a capital dende a que gobernaban e residían fora o centro estratéxico do país. Porque doutro modo eles e o seu poder estaba en perigo. De modo que levaron o tren.
E cando se plantexóu a cuestión da utilidade comercial, simplemente, foi rexeitada. Eles discutiron, valoraron e decidiron de seu, pola súa conta e risco, que a primeira utilidade que debíaselle dar ó ferrocarril era a militar por riba da económica. Porque aqueles homes eran militares, e coidado, por primeira vez non eran aristócratas, senón militares de carreira, ascendidos nas guerras da independencia americanas e nas guerras carlistas, que nesa primeira metade do XIX España foi un país en guerra. Os espadones non tiñan outra lexitimidade que a das armas, e por tanto se aliaron coa corte madrileña, que era a única institución con lexitimidade histórica.
E o que veían estes militares, metade aventureiros e metade políticos, que estaba a pasar era que en España estaba a xurdir o ferrocarril de múltiples nodos, de xeito espontáneo, nas zonas costeiras máis poboadas e urbás. E eran proxectos pequenos, porque as capacidades financieiras non daban para máis, pero eran axustados as necesidades locáis, e tiñan senso industrial e comercial. Eran os proxectos de Barcelona a Mataró, para unir a nova industria catalana, ou o Tren do Viño, de Xerez ao Puerto de Santa María, para a exportación do viño, ou de Langreo a Xixón, para dar saída os carbóns, ou de Alar de Rei a Santander, para dar saída os trigos e fariñas de Castela.
Estes eran proxectos financiables, rendibles, con senso económico e social, pero non servían ós intereses da militares nin ós da corte, peor aún, escapaban ó seu control e denunciaban o illamento da capital.
En 1850 o ferrocarril era o internet do momento. Todo o mundo quería o ferrocarril. Era moito máis ca un negocio, máis que un acicate do comercio e a industria, era o progreso, o ferrocarril era a modernidade. E ó arrebatar o ferrocarril ó país, Madrid arrebatóu o futuro e o progreso do país. E volveu facelo tantas veces como puido, ata hoxe.
A historia do ferrocarril en España é a historia dun fracaso. O sistema radial requeríu a subvención masiva do Estado, e as corrupcións foron tan grandes, xa dende o principio, involucrando á familia real ¡cómo non! e ministros do Goberno que houbo incluso revoltas populares. E houbo tamén una febre especulativa, e cando chegóu a crise internacional de 1956, con miles de millóns de reáis invertidos, chegóu a ruina. As grandes liñas radiáis non eran rendibles, non comunicaban nada, non estaban comunicadas ás redes de estradas, eran una superestructura insostible. E as empresas de ferrocarril, que daquela eran as empresas máis grandes de España, seguiron en precario ata o século XX, e só empezaron a levantar a cabeza xusto cando apraecéu, por tódalas partes, incotrolabel, o automóvil. ¿E qué se fixo entón? Pois una rede de carreteiras radiáis, e as autovías radiáis, e o AVE.
O AVE. Mete medo pensar cómo una atávica concepción militar segue hoxe a guiar as políticas do noso país e cóma o AVE está a calcar o que pasóu coa primeira rede de ferrocarril.
¿Cómo foi posible, cómo puido caer o país de novo nesa trampa? Xa eramos unha democracia, porque o AVE, ai que dicilo, non o fixeron os militares.
Todo poder ten o seu discurso. E Madrid, cómo non, tenos seus. Os militares xa non están no Goberno, anque, non ó esquezamos, seguen na Xefatura do Estado.
Un dos atributos ideáis de Madrid é o de cohesionador. ¿Como cohesiona Madrid? Pois no asunto do AVE, por exemplo, Madrid cohesiona vertebrando territorios, mirando por todos, facendo país, que se dí, cobrando sempre o seu peaxe. Madrid cohesiona levando o AVE a todalas capitáis de provincia, eso sí, con billete de ida e volta sempre a Madrid. E se pode ser, no día. Se a cohesión non pasa por Madrid, coma é o caso do Corredor Europeo Mediterráneo, a Ruta da Prata ou a Autovía do Cantábrico, entón Madrid xa non está interesada e pon paus nas rodas. ¿Apoiaría Madrid a cohesión Vasco-Navarra ou a cohesión Cataluña-Valencia-Baleares? Por suposto que non.
Outro é o da solidaridade. Madrid é solidaria, paga máis que ninguén. Madrid paga o AVE. Madrid paga, pero Madrid xamáis comparte o seu poder: a propia capitalidade. De calquera poder, por pequeno que sexa.Madrid reérvase o deseño, a contratación e a xestión das liñas do AVE para empresas madrileñas. De feito está en guerra permanente pola posibilidade, hoxe de verdad remota, de compartir a capitalidade económica. Os dous únicos organismos que teñen sede fora de Madrid son a Comisión do Mercado das Comunicacións, vaciada de competencias e espera de disolución ou volta a Madrid; e o Instituto de Astrofísica de Canarias, que foi unha empresa internacional, pagada e diseñada con recursos materiáis e técnicos europeos, os mesmos europeos que atoparon que non era lóxico que tiver a súa xestión a miles de kilómetros e exisiron que estivese no propio centro, en Tenerife.
E o último e principal discurso de Madrid é o da unidade. Madrid garantiza a unidade de España, sempre que esta unidade sexa dirixida dende Madrid. No caso do AVE, Madrid divide as cidades de España en capitáis administrativas e cidades sen dereitos. ¿Por qué trinta mil habitantes de Soria teñen derito ó AVE? Porque viven nunha capital. E defendendo os dereitos de Soria coma capital Madrid defende os propios. Así acada Madrid a unidade, privilexiando a uns en detrimento doutros de forma arbitraria, actuando coma un caicque, divindo os españois entre achegados e alonxados da Administración. ¿Por qué o AVE se dieña en función dunha división administrativa? ¿Qué trasnporta o AVE, provincias ou personas, ou acaso transporta funcionarios? ¿Porqué vai a Santiago e non ven a Vigo?
Dixen que o da unidade era o último, pero ai un discurso máis. Non sei se calificalo de anecdótico ou de estrambótico, pero é a máis vella e absurda xustificación da capitalidade de Madrid: Madrid está no centro, está equidistante. Como se a política, administración ou a economía fosen un problema de xeometría, cabalístico. Sí, o madricentrismo é evidente, Madrid está igual de lonxe de todas partes.
Madricentrismo. Os españóis sufrimos dun agudo madricentrismo do que nin nos damos de conta. Estamos tan afeitos que nin nos preguntamos nin nos extrañan as rarezas deste país e creemos que é o normal. O que pasa aquí pasa en todas partes. Pero non.
Por exemplo. Unha norma non escrita en ningures: que os candidatos a presidente de Goberno preséntanse porla circunscripción madrileña. Como queren ser presidentes, pois preséntanse por Madrid, que é a capital que van gobernar. Parece lóxico, ¿non? Pois non. De feito é unha cousa que non pasa en ningures. David Cameron é o primeiro ministro da Gran Be¡retaña e nunca, xamáis, foi diputado por ningún distrito del Londres. O mesmo pasa en Alemania, en francia ou en Italia. O caso singular, o extraño, é o que pasa en España. Este costume de que o candidato á presidencia se presente por Madrid non é outra que o recoñecemento a servidume que todos debemos a capital. É o recoñecemento de que calquera poder da nación debe ser filtrado por Madrid. É como dicir que Madrid ten dereito de veto sobre calquer opciónpolítica con aspiracións, xa non de gobernar España, senón de facer política española, nacional. Quen no se presente por Madrid é periférico, nacionalista ou mira, sen connotacións, rexionalista, provinciano, unha cousa local e sen miras, sen es agarantía e ese plus de cohesión, solidaridade e unidade que só aporta Madrid.
A presentación dos candidatos á presidencia de Goberno por Madrid é tamén o recoñecemento doutra mentira política da democracia española, que sendo parlamentaria de nome é, na práctica, presidencialista. Deste xeito, se ben ai distritos electoráis provinciáis e se votan diputados, ó que se forza a elexir ós electores é un presidente para o Pazo da moncloa. Todo o sistema traballa para concentrar o poder e centralizalo en Madrid. Non somos de todo conscintes, pero iso non quere dicir que o que somos sexa cousa da casualidade. Somos consecuencia de séculos de adoctrinamento.
A primeira centralización de Mdrid foi cultural. Na primeira metade do século XIX, Madrid capital acometéu a centralización das ideas e da cultura española, que foi inventada nese momento. O asunto é moi interesante, pois condúcenos ó que eu penso que é o meollo da cuestión, o gran problema da sociedade española: os procesos de selección e cooptación das élites.
O Ateneo, as Academias, o Conservatorio, a universidade Central ou o Teatro Real foron os grandes proxectos da cidade na primeira metade do século XIX. Pero o certo e que a cidade carecía de recursos para construir todo aquilo. Non era só os edificios, había que enchelos de contidos, de xentes capaces, e España tampouco andaba moi sobrada, nin se podía atraer doutros países. Así que, ¿qué se fixo? Todo ´ó posible, incluindo o roubo.
Destináronse cartos para o Ateneo de Madrid directamente do Goberno, e dispúxose que houbera tamén Ateneos nas capitáis de provincias sostidos polas provincias, pero, eso sí, o de Madrid debía ser o mellor. E, por exemplo, o Ateneo de Madrid debía receber un exemplar de canto libro se editase en España. E concedéronlle moitos outros privilexios. E se fixo un sistema xerárquico de teatros, cos teatros de primeira, de segunda e de terceira e todos eles, ben regulamentados, debían pagar o Gran Teatro Real de Madrid. Así que as entradas de teatro de toda España debían sostir ó Teatro Real de Madrid, que era ó que ía a corte. E suprimíuse a Inquisición, pero case que de inmediato se creóu un aparato de censura administrativa centralizado en Madrid, de modo que toda obra que quixese ser representada tiña que ser aprobada antes por Madrid. O Estado quixo herdar o papel rector da sociedade que tiña a Igrexa.
Pero o milor foi o da universidade. Madrid no tiña universidade, e é moi complicado crear unha dun día para outro. Así que se puxeron a discurrir. ¿E qué discurríu o Goberno? ¿Un plan a longo prazo? Pois non, claro que non, discorreron que ó millor era roubar unha Universidade. E así o fixeron. Colleron a que tiñan máis a man, a centenaria Universidade de Henares e por Decreto trasladárona a Madrid para crear a nova Universidade Central.
¿Alguén se imaxina que o goberno británico trasladara a Uniersidade de Oxford a Londres para dar máis realce a capital do reino? Pois iso foi o que pasóu en España.
Que eu saiba tampouco houbo protestas, pois co traslado chegaron os privilexios, os favores do Goberno. Pero aínda así non lles parecéu dabondo. No era abondo porque Madrid debía ter a mellor e máis grande Universidade do país. ¿e cómo se fai iso? ¿Con cartos? pois sí, pero aínda así a coua pode sair mal, así que o millor e impedir que nas outras universidades ensine de máis. ¡Dito e feito! En 1856, a Lei Moyano dictóu que en Madrid debíanse impartir todas as titulacións, debía ter a exclusividade da ensinanza das enxeñerías salvo a de industrial e debía ter ó monopolio dos doutorados. O mesmo tempo, limitóu os estudos que podían impartir as outras universidades e oficializóu as íntimas relacións entre o goberno das universidades e as institucións do Estado, facilitando os pases de ida e volta da universidade á política e viceversa. O resultado foi que na segunda metade de século, a metade dos estuantes universitarios e case que a totalidade dos enxeñeiros estaban en Madrid.
Aínda hoxe o 60 % dos ministros de España en democracia pasaron polas universidades madrileñas coma alumnos ou profesores. Esto foi así en todos e cada un dos gobernos desde 1977.
En definitiva, a ensinaza superior española converteuse nun sistema madrileño de cooptación das élites técnicas e administrativas do Estado e do país nun filtro que moi, moi fino para manter os moi exclusivos privilexios limitando o acceso. O resultado foi unha universidade funcionarial, desinteresada pola cencia, politizada, allea ós intereses xeráis da sociedade e, pola outra banda, unha sociedade explotada, pobre e inculta.
Nas cencias e nas artes, a cidade aseguróuse a capitalidade cultural do país mediantee o pensionado e empleo dunha intelectualidade afecta e retribuida con cargo ó Estado, unha política que seguiron todos os gobernos ata hoxe e que derivou na practicamente total concentración dos medios de comunicación en Madrid, convertíndoos nunha industria totalmente politizada, subvencionada e dependente.
Desolador, sí.
En definitiva, que o negocio de Madrid é o poder, e que usando ese poder para ser unha cidade máis rica, os españóis somos máis pobres. E non me refiro só os cartos, senón máis pobres coma sociedade, máis pobres coma cidadáns, incluso máis pobres coma simples espectadores.
Gracias.

Coruña, 13-01-2014
No hay comentarios:
Publicar un comentario